PUNTA ATALAIA

En San Cibrao, Cervo, na parroquia de Santa María de Lieiro, existe unha península que non fai tanto era unha illa pero que hoxe encontrase unida á terra firme por un pequeno areal de 150 m de longo e pouco máis de 100 metros de ancho. Así formaríase a coñecida como Punta Atalaia ou Punta de San Cibrao, que ten unha altura máxima de 34 metros que é onde se encontra o faro actual. A palabra “atalaia” denota a existencia dunha instalación existente no século XVIII desde onde se vixiaba o mar por posibles ataques de ingleses ou holandeses, que castigou as nosas costas naquel século. Preto dos faros hai un moderno miradoiro de ferro e cristal e preto tamén temos un parque infantil e unha zona recreativa

Neste lugar hai dous faros de diferentes épocas,o primeiro, que ten un pequeno edificio-vivenda, é o máis antigo que data de 1860. O moderno é de 1979 e a luz está a 14 m de altura sobre o chan.

Arredor deste lugar está a lenda coñecida como A Maruxaina, un ser mitolóxico galego metade muller metade peixe (serea) que vivía nunha cova coñecida como Xan Vello da Illa da Sombriza. Porén, hai diferentes versións e ás veces vese como un ser maligno que atraía aos mariñeiros coa súa beleza e fermosas cancións e outras veces dise que avisaba da chegada das tormentas.

A construcción do faro a finais do século XIX tiña como finalidade indicar aos navegantes a situación deste porto, por entonces moi concurrido, a causa do movemento da fábrica de loza e fundición de Sargadelos e o de outros buques que transportaban sillería. O edificio estaba cimentado sobre unha base que o elevaba lixeiramente do areal que o rodeaba. Coa entrada en funcionamento da factoría de aluminio, o tráfico marítimo adquiría gran importancia. Esta foi a razón da construción do novo faro de máis altura e alcance, situado xunto ao primitivo.

Fábrica de Sargadelos e outros lugares de interese na Mariña lucense
INICIO