Faro de Malpica

Faro de Punta Nariga

En punta Nariga, levantase o faro máis moderno de Galiza, construído en 1995 e disenado por Ceśar Portela; con 50 metros de altura e 22 millas de alcance lumínico, e todo un referente na intregración da arquitectura co paisaxe natural

O entorno de Punta Nariga está cheo de maxia. O forte vento reinante durante moitas épocas do ano provocou a instalación dun parque eólico nas súas inmediacións. Durante o percorrido veremos grandes rochas das máis variadas formas.

Ao chegar ao faro, vemos o edificio de César Portela, inaugurado en 1997, que simula a proa dun barco que entra no mar. Ten unha altura de 50 metros e un alcance de 22 millas. No mascarón de proa, a escultura Atlante realizada en bronce por Manolo Coia convértese no lugar perfecto para a foto.

Tendo moito coidado podemos camiñar polas rochas nas que se sitúa o faro e que presentan esculturas singulares pola constante acción erosiva da auga e do vento.

INICIO