É un dos faros máis occidental e emblemáticos de Europa, considerado tradicionalmente como o cabo do fin do mundo, "Finis Terrae". Construido en 1853, a 138 m. sobre o mar, protexe unha das costas más peligosas. O edificio anexo ao faro é a Sirena, popularmente coñecida como a vaca de Fisterra. Obra de Ángel García do Hoyo entrou en funcionamento en 1889 para os días en que a neboa a impedía ver a luz do faro. Emite dous sons estridentes cada minuto, cun alcance de 25 millas (46 km) en tempo medio. O terceiro edificio que compón o conxunto arquitectónico é o Semáforo, situado a máis altura que o propio faro. Data de 1879 e a súa misión orixinal era a de emitir sinais para a mariña de guerra. Actualmente, este edificio, rehabilitado por César Portela, é unha hospedería de turismo rural.
Hai autores que identifican o Cabo Fisterra co antigo promontorio nerio, outros sitúan neste lugar ao Ara Solis, na que se practicaba culto ao Sol. Hai preto deste lugar unha serie de pedras vinculadas a lendas de tipo relixioso: as pedras s antas, as pedras manchadas de viño, a cadeira de pedra, a tumba de Orcabella, etc. Segundo o historiador clásico Lucio Floro, Décimo Xuño Bruto, no ano 137 a. de J., chegou a este p romontorio e non quixo marcharse sen antes contemplar como o Sol mergullábase no mar renxendo como un ferro a lume vivo que se introduce na auga.
Está a 700 metros da costa e elévase 25 metros sobre o nivel do mar. Ademais pódese gozar dunha das máis fermosas vistas da costa e das máis impresionantes postas de sol. Os alr ededores desta rocha, que limita a forma da cuncha do crustáceo ao que lle debe o seu nome, son zonas de duro traballo para os mariñeiros do litoral.
A torre, feita de cantería, é de base octogonal e acaba nunha cornixa sobre a que se apoia a balconada. Encima está a bóveda cunha lanterna poligo nal, a 138 metros sobre o nivel do mar.Originariamente funcionaba con lámpara de aceite, después de diversas reformas se electrificó con lámparas de incandescencia, emitiendo un destello cada c inco segundos con un alcance para tiempo ordinario de 31 millas marinas (57 km).
|