Acerca do faro de Cabo Home...

Este faro foi construido no ano 1853, con 18 metros de altura e unha luz que alcanza os 12 km. Señala a entrada da ría de Vigo entre as Illas Cíes e toda a Costa da Vela. Dende o faro hay unhas vistas impresionantes de toda a Costa da Vela, as Illas Cíes, a Illa de Ons e o Monte do Facho.

faro Cabo Home

A constante néboa do inverno provocou que se lle engadira unha sirena en 1888, a Vaca de Fisterra, para avisar aos navegantes do perigo existente.

Atópase en Cangas, Pontevedra na parroquia de O Hío (Santo André), a continuación deixo o enlace de cómo chegar ao faro "Ubicación faro de Cabo Home"

Se che sitúas ao pé do Faro podes ver un guepardo nas rochas sobre o mar, que algún artista anónimo deixou, contemplando a inmensidade do Océano Atlántico.

guepardo pintado nas rochas

Pola zona na que se atopa o faro podes visitar O monte do Facho, onde hai algúns castros e robles de moita antiguedade. Tamén hai varios faros ao redor coma o de punta Subrido ou punta Robaleira.

A continuación verás un enlace no que podes facer click se queres ver máis información sobre o concello de Cangas, acerca do turismo, sitios que visitar, ou como chegar a diferentes lugares do seu concello.

"Páxina web Concello de Cangas"
INICIO